• El puente del Diablo, de Luis Guallar

    Unha vez máis, en Libraría Vagalume apostamos por editoriais pequenas que están a xurdir no complicadísimo panorama editorial actual e que nos dan a oportunidade de coñecer a novos escritores nacionais. Neste caso, presentámosvos un título de Tyrannosaurus Books, "El puente del Diablo", de Luis Guallar.

    Xa hai case un ano que Iván e Diana marcharon da gran cidade e se mudaron a un novo fogar, unha casa situada nos arredores dunha tranquila vila. É a casa dos seus soños e a sorte parece sorrirlles dende entón: non lles falta traballo, lévanse ben co veciño do lado e as súas máximas preocupacións son unha cerca demasiado baixa e ter que coidar de Judas, un simpático pastor alemán.

    Unha mañá, non obstante, unha espesa néboa chega das montañas e inunda toda a vila; con ela aparece unha misteriosa visitante, unha anciá inquedante á que parecen obedece-los animais. Quen é? Que é o que quere? Pronto se darán de conta de que esa muller que os visita polas noites e teima en que a deixen entrar non é o que parece, que non vai aceptar un non por resposta, que está disposta a todo para consegui-lo seu obxectivo... E que utilizará ao seu antollo a quen faga falta.

    Se vos gusta a boa literatura de terror de calidade 100% made in Spain, "El puente del Diablo" é o voso libro e Tyrannosaurus Books a vosa editorial.




    0 comentarios → El puente del Diablo, de Luis Guallar

    Publicar un comentario