• El libro de los insectos humanos, de Osamu Tezuka

    Traémosvos hoxe un título publicado pola editorial Astiberri. Trátase de "El libro de los insectos humanos" de Osamu Tezuka, publicado, por desexo expreso do seu autor, respectando o sentido de lectura xaponés.

    Toshiko Tomura está considerada coma un xenio, un moderno Da Vinci. Con pouco máis de 20 anos, é unha actriz de renome internacional, futura arquitecta e está a piques de recibir-lo premio literario máis importante de Xapón. As súas actividades refléxanse nos titulares dos xornais e inspiran programas de radio e televisión. Pero este xenio e esta faciana anxelical agochan un pasado turbio e unha personalidade inquedante, a dunha perigosa mariposa en perpetua metamorfose.

    A obra de Tezuka valeulle moitos galardóns en vida. A súa publicación noutros países, con posterioridade á súa morte, supúxolle, igualmente, diversos premios a título póstumo. Autor dunha obra prácticamente inabarcable, entre os seus títulos destacan creacións coma "Astroboy" (EDT, 2003-2008), "Fénix" (Planeta DeAgostini, 2013), "Buda" (Planeta DeAgostini, 2002-2003) e "Adolf" (Planeta DeAgostini, 2010).




    0 comentarios → El libro de los insectos humanos, de Osamu Tezuka

    Publicar un comentario