• El Cuarto de Lautréamont, de Edith & Corcal

    Sins entido vén de publicar "El Cuarto de Lautréamont", de Edith & Corcal, a primeira novela gráfica, publicada en 1874, por fin na súa edición íntegra.

    En 1871, o escritor Auguste Bretagne descubriu no cuarto onde vivía en Montmartre un libro, "Os cantos de Maldoror", escrito polo excéntrico poeta, falecido un ano antes nesa  mesma habitación, Isidore Ducasse, Conde de Lautréamont. Profundamente impresionado pola lectura destes poemas, Bretagne tentará desentrañar tódolos misterios que se agochan detrás deste intrigante poeta e desa enigmática habitación.

    Esquecido durante moitos anos, "El cuarto de Lautréamont" foi redescuberto nun mercadiño en Australia polo fillo da debuxante francesa Edith. Pensando que sería unha reedición do primeiro libro de historietas publicado en 1874, Edith decidiu xunto co guionista Corcal investigar e restaura-la obra descuberta. Desa investigación xurde esta nova edición do que se considerou a finais do século XIX como unha obra de "figuración poético-narrativa" e que hoxe en día podería dicirse que é a primeira novela gráfica da historia.



    0 comentarios → El Cuarto de Lautréamont, de Edith & Corcal

    Publicar un comentario