• Noite branca en Lalín

    Como todos xa sabedes, o vindeiro venres 21 de Xuño celebraráse en Lalín a "Noite branca", polo que os comercios do Centro Comercial Aberto de Lalín abriremos ata as 12 da noite.

    É por iso que dende as 8 da tarde ata as 12 da noite teremos na nosa libraría unha promoción especial: faremos un 10% de desconto nas vosas compras de libros e cómics e un 20% nas compras de artigos de papelería e regalo.

    Ademais, a vosa compra pódevos saír de balde grazas ao sorteo que fará a Asociación de Empresarios.

    Non faltes!







    0 comentarios → Noite branca en Lalín

    Publicar un comentario