• In memoriam: Richard Matheson (1926-2013)




    A nosa entrada de hoxe será moi breve, só pretendendo rendir unha sincera e modesta homenaxe a Richard Matheson, que faleceu o pasado día 23 do presente mes de Xuño aos 87 anos de idade.


    Matheson foi un guionista e escritor de fantasía, ciencia ficción e terror. Como guionista destacou escribindo os guións de varios capítulos da xa mítica serie "Twilight Zone" e do telefilme de culto "El Diablo sobre ruedas", dirixido por un principiante Steven Spielberg. Pero a meirande parte da súa carreira levouna a cabo no mundo da literatura fantástica, tarefa na que nos regalou xoias como "El hombre menguante", "El último escalón" ou "La casa infernal". Pero, sen dúbida algunha, a súa obra mestra foi "Soy leyenda", escrita no ano 1954 e adaptada á gran pantalla nun feixe de ocasións.

    Descansa en paz, Richard. O teu recordo permanecerá por sempre na nosa memoria e nas páxinas dos teus libros.



    0 comentarios → In memoriam: Richard Matheson (1926-2013)

    Publicar un comentario