• Grandville, de Bryan Talbot

    A editorial Astiberri vén de publicar "Grandville", de Bryan Talbot ("Historias de una rata mala", "El corazón del Imperio"), quen leva escribindo e debuxando cómics dende hai máis de 30 anos.

    Hai douscentos anos, Bretaña perdeu as guerras napoleónicas. Igual que o resto de Europa, foi invadida por Francia e os membros da súa familia real foron guillotinados. Seguira formando parte do Imperio francés ata había vintetrés anos, cando, entre protestas, lle foi concedida a independencia, despois dunha prolongada campaña de desobediencia civil e atentados anarquistas. Agora é coñecida como a República Socialista de Bretaña, un país pequeno e carente de importancia conectado ao Imperio francés pola ponte ferroviaria do Canal.

    "Grandville" é a orixinal mostra de ucronía retrofuturista na que o inspector LeBrock de Scotland Yard persegue a unha banda de implacables asasinos no París da Belle Époque...

    "Unha sólida historia de conspiracións de ecos tarantinianos... Un inxenioso divertimento nun mundo revolto recreado vívidamente", Times Literary Supplement.



    0 comentarios → Grandville, de Bryan Talbot

    Publicar un comentario