• Agenda 21, de Glenn Beck e Harriet Parke

    E se o programa co que os gobernos queren salvagardar o noso planeta agochase un maquiavélico plan para controlar as nosas liberdades individuais? Este é o plantexamento de "Agenda 21", novela de Glenn Beck e Harriet Parke que vén de publicar La Esfera de los Libros.

    Emmeline creceu no medio da terrible realidade da República, un lugar que, despois da aplicación globalizada do programa coñecido como Axenda 21, se converteu nun estado sen presidente, sen Congreso, sen Tribunal Superior de Xuztiza, onde só existe a autoridade e ninguén lembra a palabra liberdade.

    Con dezaoito anos e despois de sufrir a separación da súa familia, decidiu descubrir a verdade. Por que os cidadáns están condenados a vivir en espazos diminutos, separados os uns dos outros? Por que raciona o Estado a auga, a comida e a enexía de maneira tan estricta? E, sobre todo, por que os bebés non poden crecer xunto aos seus pais?

    Conforme Emmeline comeza a comprender a finalidade última de Axenda 21, entende tamén que se enfronta a un gran poder. Sen embargo, e a pesar da presión das autoridades e a imposibilidade de fuxir decide emprender un valente camiño para salvar á súa familia e revelar as verdadeiras intencións da República.

    "Agenda 21" supón unha atraente e inquietante proposta que non debedes deixar de ler.



    0 comentarios → Agenda 21, de Glenn Beck e Harriet Parke

    Publicar un comentario