• 13 días, de Valentina Giambanco

    Valentina Giambanco debuta no mundo literario con "13 días", unha novela que xerou unha expectación grandísima no mercado editorial: os seus dereitos foron vendidos a unha decena de países, nalgúns casos con subastas astronómicas.

    Seattle. Pasaron vintecinco anos dende que tres nenos foron raptados no bosque; só dous volveron con vida, o corpo do terceiro nunca se recuperou e a súa morte e o misterio do que ocorreu aquel día marcaron as vidas de tódolos implicados.

    Dúas semanas antes de Nadal unha familia aparece asasinada na súa casa. Tódalas probas apuntan a un home temido a ámbolos dous lados da lei: John Cameron. El foi un dos nenos que sobreviviu ao secuestro; o outro era o pai da familia morta.

    O asasino deixou unha mensaxe grabada no marco dunha porta: TRECE DÍAS. É o tempo que concede á detective de homicidios Alice Madison para que comprenda o seu propósito e cumpra o papel que lle ten destinado. Agora ela, para atrapar ao sicópata que está detrás destas mortes, debe traizoar aos seus compañeiros e facer un pacto co demo.

    Aos trece días, a liña entre o ben e o mal esvaécese nunha loita por acadar a xustiza.

    Unha aposta moi a ter en conta de cara a futuras compras de libros, cunha escritora que dará moito do que falar.



    0 comentarios → 13 días, de Valentina Giambanco

    Publicar un comentario