• Testigos oculares, de Javier S. González

    Libraría Vagalume ten o pracer de vos traer un título dun autor de aquí, de Lalín, Javier S. González. Trátase de "Testigos oculares", que presentamos en exclusiva.

    Se ben é certo que a obra foi presentada polo autor no Museo Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín o día 22 de Xuño de 2012, non é ata agora que podemos desfrutar da súa edición en papel, froito da estreita colaboración entre o autor e a nosa libraría.

    "Testigos oculares" plantexa unha historia dual entre os xogos da memoria. Ese xogo dos acontecementos é o que marca o carácter das vivencias que se contan. Un recordo modificado que o tempo asenta na cabeza dos protagonistas e transfórmase segundo a testemuña que o conta.

    Para ir abrindo boca, deixámosvos un anaquiño do que é "Testigos oculares", e como reza a súa contraportada: "El día que conocí a Dror lo vi como uno de esos chicos insoportables que necesitan llamar la atención y encajar a toda costa. De esos que escapan de las etiquetas y se convierten en un cliché, un muchacho sin personalidad que me dijo que su historia era verdad".

    Queredes ler algo orixinal? Apostade por Javier S. González. Apostade por Libraría Vagalume.



    0 comentarios → Testigos oculares, de Javier S. González

    Publicar un comentario