• Rembrandt, de Typex

    Norma Editorial vén de publicar a BD "Rembrandt", de Typex, adicada á vida do pintor holandés e que hoxe vos presentamos.

    A vida de Rembrandt, o máis grande pintor holandés que coñeceu a historia, é tan extraordinaria coma a súa producción artística. Unha xuventude chea de éxitos personais e profesionais deu paso a uns últimos anos marcados pola traxedia e a ruina económica.

    O artista holandés Typex rende unha sincera homenaxe a Rembrandt cunha obra magna que nos mostra os paradoxos  dun personaxe único e singular.








    0 comentarios → Rembrandt, de Typex

    Publicar un comentario