• Panorama. La novela gráfica española hoy

    A editorial Astiberri vén de publicar un título do máis interesante. Trátase de "Panorama", unha BD onde trinta dos máis destacados autores do cómic español do momento fan a súa pequena aportación.

    Entre eses autores atópanse David Rubín ("El héroe"), Paco Roca ("Arrugas", "El juego lúgubre"), José Domingo ("Aventuras de un oficinista japonés"), Mireia Pérez ("La muchacha salvaje 1. Nómada"), Álvaro Ortiz ("Cenizas") e Alfonso Zapico ("Café Budapest", "Dublinés"), entre moitos outros.

    Se es un apaixionado da BD made in Spain, "Panorama" é un título que non podes deixar escapar! A que estás agardando?









    0 comentarios → Panorama. La novela gráfica española hoy

    Publicar un comentario