• Más allá de las nubes, de Hautière e Hugault

    Norma Editorial vén de publicar, na súa sección adicada ao comic europeo, unha magnífica BD de aviación escrita por Règis Hautière e debuxada por Romain Hugault: "Más allá de las nubes".

    Avións de competición na Europa de entreguerras. Dous pilotos, un francés e un estadounidense, rozando os límites da capacidade das súas máquinas. Amigos e contrincantes no aire, ámbolos dous loitan polo amor da mesma muller. Mentres tanto, unha nova Guerra Mundial ameaza con arrasar o vello continente. a victoria dispútase sempre no aire, máis alá das nubes.

    Romain Hugault ("El Gran Duque") alíase nesta ocasión con Règis Hautière para contarnos a historia de dous pilotos que deixan a competición para alistarse nas tropas da Segunda Guerra Mundial. Acción, acrobacias, heroísmo e combates aéreos na idade de ouro da aviación.





    0 comentarios → Más allá de las nubes, de Hautière e Hugault

    Publicar un comentario