• La canción del exilio, de Kiana Davenport

    A escritora Kiana Davenport, autora best seller internacional publicada por primeira vez no noso país, descúbrenos na novela que presentamos hoxe, "La canción del exilio", amplamente avalada por público e crítica, unha maravillosa historia de amor, unha crónica melancólica e vital sobre as experiencias dunha familia, enmarcada na exuberancia do arquipélago hawaiano.

    Cunha prosa cautivadora e un estilo sensual, "La canción del exilio" segue a sorte da familia Meahuna e a odisea dun home, Keo, que busca a súa alma xemelga, Sunny, a quen a guerra arrancou do seu carón. Ubicada nun complexo e exótico Hawai, nos duros anos da Segunda Guerra Mundial, esta historia fascinante presenta un imaxinativo elenco de personaxes que se elevarán, magnífica e contundentemente, por enriba das súas circunstancias, redimidos polo amor, o poder espiritual da paisaxe que os arrodea e a impresionante beleza das súas illas.



    0 comentarios → La canción del exilio, de Kiana Davenport

    Publicar un comentario