• Hombre, de José Ortiz e Antonio Segura

    A editorial EDT (Editores De Tebeos) está a recompilar a obra "Hombre", de José Ortiz e Antonio Segura, da que agora os presentamos o primeiro tomo.

    Un mundo en crise... Un home na procura de vestixios de civilización... Unha obra mestra do tebeo español!

    "Hombre" é unha das sagas míticas de cómic máis memorables dos anos 80. Serializada nas míticas revistas K.O. Cómics e CIMOC ao longo de máis dunha década, é a primeira vez que se recompila a obra completa en dous volumes. No que agora nos ocupa, o primeiro, inclúense tódalas primeiras aventuras de "Hombre" en branco e negro.

    José ORtiz (Cartagena, 1932) xa era un veterano debuxante de historietas de recoñecemento internacional ("Sigur el vikingo", "Tarzán", "El Cuervo") cando en 1981 formou tándem artístico co xoven guionista Antonio Segura (Valencia, 1947-2012) para crear "Hombre", a trepidante historia dun tipo duro nun mundo apocalíptico onde deberá de endurecerse aínda máis se quere sobrevivir.

    Cruel e tenra a un tempo e cun antiheroe inesquecible, o universo sen lei de "Hombre" é provocado por unha crise da sociedade do benestar que, curiosamente, pon máis de actualidade hoxe que nunca esta abraiante historia.

    En 2012, o mesmo ano que falecía o seu guionista Antonio Segura, o debuxante de "Hombre", José Ortiz, recibiu o Gran Premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona.


    0 comentarios → Hombre, de José Ortiz e Antonio Segura

    Publicar un comentario