• El último pasajero, de Manel Loureiro

    Por fin, despois dunha longa espera, Planeta publica a nova novela do escritor pontevedrés Manel Loureiro tra-la súa exitosa triloxía "Apocalipsis Z". Chega "El último pasajero".

    Agosto de 1939. Un enorme trasatlántico chamado Valkirie aparece á deriva no océano Atlántico. Un vello buque de transporte atópao por azar e remólcao a porto, despois de descubrir que nel tan só queda un bebé de poucos meses... e algo máis que ninguén é capaz de identificar.

    Setenta anos despois, un esquivo home de negocios decide reflotalo e repetir, paso por paso, a última viaxe do Valkirie. A bordo, atrapada nunha realidade angustiosa e contra o reloxo, a periodista Kate Kilroy descubrirá que só a súa intelixencia e a súa capacidade de amar poderán evitar que a nave se cobre de novo o seu sinistro prezo nesta viaxe.

    Inquietante. Enigmática. Adictiva. Benvidos ao Valkirie. Non poderás baixar... aínda que queiras.

    Definida polo propio Manel Loureiro como o mellor que escribiu, "El último pasajero" é unha novela que non poderás deixar de ler... aínda que queiras.



    0 comentarios → El último pasajero, de Manel Loureiro

    Publicar un comentario