• Contacontos do Cullarapo Croque

    Libraría Vagalume, en colaboración con O Circo do Mundo, presenta un contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, creador de "O Cullarapo Croque" e "A nena á que non deixaban ser feliz".

    O evento terá lugar o vindeiro venres, 7 de Xuño, ás 8 da tarde no local de O Circo do Mundo, situado na rúa Rosalía de Castro, nº 38, en Lalín (Telf. 886 154 528).

    "O Cullarapo Croque" está formado por unha chea de poemas pensados para os máis pequenos da casa. Non o dubidedes: vide e traede aos vosos fillos!

    Aínda que se trate de poemas infantís, escoitádeos con atención porque os poemas teñen alma e, se falas con eles e os escoitas con atención, poderás ver como constrúen un mundo cheo de fermosas imaxes e marabillosas palabras.

    A que estás agardando? Vén a venres 7 a O Circo do Mundo cos nen@s e divírtete ti tamén cantado e bailando co cullarapo Croque!

    Deixámosvos un enlace de Youtube cun video dos debuxos que fixeron @s nen@s que asistiron ao contacontos do cullarapo Croque na Libraría Escolma de O Carballiño: pinchade aquí









    0 comentarios → Contacontos do Cullarapo Croque

    Publicar un comentario