• Castelao. Máis alá!, de Inacio e Iván Suárez

    Por fin, despois dunha tempada agardando, aquí temos a terceira entrega da serie sobre a vida de Castelao que o guionista lalinense Inacio e o debuxante Iván Suárez comezaron con "O pobre tolo" e continuaron con "Titoán". Chega "Castelao. Máis alá!", de Demo Editorial.

    A estadía de Castelao en París en 1921, grazas a unha bolsa de ampliación de estudos, é o momento clave para o seu ideario artístico e humano. Alí entra en contacto directo non só coa tradición cultural da vella Europa, senón tamén con todo o novo que se está a mover nela, cunhas vangardas que el entende alén do estético, na procura de mudanzas conceptuais de todo o establecido.

    A que estás agardando? Vén pola terceira entrega dunha serie que está dando que falar e que achega a vida dun dos máis grandes autores da literatura galega a todo o mundo. Ademais, se ves mercalo no día de hoxe, beneficiaráste dun 10% de desconto por mor do Día das Letras Galegas.







    0 comentarios → Castelao. Máis alá!, de Inacio e Iván Suárez

    Publicar un comentario