• Calles de chatarra, de Alejandro Guardiola

    Queremos presentarvos hoxe unha novidade do máis interesante, tanto polo seu argumento como pola editorial que vén de publicala. Trátase de "Calles de chatarra", de Alejandro Guardiola, publicado pola recentemente creada editorial Palabras de Agua. De feito, a novela que nos ocupa é a primeira da súa novísima andadura no mundo editorial.

    Unha escura noite, despois dunha discusión familiar, a pequena Irina asiste importente ao asasinato da súa irmá sen ser quen de explicar nada nin á policía nin aos seus pais. Xa adulta, Irina Gryzina, detective do departamento de inhumanos de Semura, será a encargada de resolver o caso do  homicidio dunha ninfa co que se pon en xaque a débil convivencia pacífica entre humanos e inhumanos. Sen embargo, segundo avanza a investigación, Irina comezará a desenterrar demos do seu pasado que cría esquecidos. 

    Unha novela de tráfico de drogas e alcohol, corrupción, amores perdidos, racismo, traizón e asasinatos... Unha historia plagada de personaxes que non dubidarán en baixar aos infernos para consegui-los seus obxectivos. Unha novela de xénero negro ambientada nun mundo fantástico demasiado parecido ao noso.

    Con esta fantástica novela, comeza a súa viaxe a editorial Palabras de Agua. Dende Libraría Vagalume queremos desexarlle toda a sorte do mundo nesta aventura que acaban de comezar!



    0 comentarios → Calles de chatarra, de Alejandro Guardiola

    Publicar un comentario