• Pastoral americana, de Philip Roth

    Por primeira vez en lingua galega, podemos ler a un dos mestres contemporáneos da literatura norteamericana: Philip Roth, na obra "Pastoral americana", que vén de editar Faktoría K de libros.

    Seymour Levov, o Sueco, é o modelo para seguir por tódolos rapaces xudeus de Nova Jersey. Atleta lendario no instituto, medra no seo dunha familia acomodada nos alegres anos que seguen á Segunda Guerra Mundial. Herda a fábrica de luvas que o seu pai levantou dende a nada e casa con Dawn, ex-miss Nova Jersey. Despois do nacemento da súa filla, o matrimonio decide mudarse á morada dos seus soños, unha gran casa de pedra na idílica e tranquila comarca de Old Rimrock. A vida da familia Levov convértese dende entón nunha apracible "sinfonía pastoral" ata que un día do ano 1968 as súas vidas cambian. O Sueco Levov verá entón como se derruba estrepitosamente todo o que o arrodea.

    Philip Roth ofrécenos nesta novela o retrato duns personaxes que se enfrontan á máis crúa realidade no marcho dunha apracible vida cotiá. "Pastoral americana" é un relato lúcido que cuestiona os valores da sociedade estadounidense e a súa continuidade durante o conflito final dos felices sesenta, coa Guerra de Vietnam como pano de fondo.



    0 comentarios → Pastoral americana, de Philip Roth

    Publicar un comentario