• Nubes de kétchup, de Annabel Pitcher

    Chega a agardada nova novela da autora do bestseller "Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea", "Nubes de kétchup".

    Zoe é unha rapaza inglesa de quince anos que agocha un terrible segredo. Chea de angustia pero tamén cunha boa dose de humor, Zoe comezará a escribir cartas a Stuart Harris, un asasino encerrado no corredor da morte nunha prisión de Texas. Pensa que só alguén así, marcado ao igual ca ela polo segredo, a mentira e o asasinato, vai poder comprendela...

    Bolígrafo na man, Zoe respira profundamente e comeza o seu relato de amor e traizón...

    Chea de humor, "Nubes de kétchup", a segunda novela de Annabel Pitcher, ten tódolos ingredientes necesarios para triunfar como xa o fixo o seu anterior traballo.



    0 comentarios → Nubes de kétchup, de Annabel Pitcher

    Publicar un comentario