• Ninguén lembra, de Vanesa Santiago Vázquez

    Traémosvos hoxe algo distinto, pero non por iso menos interesante. Trátase de "Ninguén lembra", de Vanesa Santiago Vázquez.

    Daia Dalúa cruza Europa nun tren que a levará cara a un destino frío onde coñecerá a calor dos amigos. Con eles, deberá descubrir que se agocha tras o po centenario dun libro laretas que lles pide axuda para salvar a Degon Aerinaria. Mais, quen é Degon Aerinaria? Poden fiarse da mensaxe dun libro que se adica a posuír, a dicir de Daia, a incautas alumnas de primeiro como Fiona, a súa irmá? Foi casualidade que aquel vello libro caese nas súas mans? Mais Daia non cre nas casualidades. Se ti tampouco cres nelas, mergúllate nesta historia que ninguén lembra para coñecer a resposta. Ao cabo, non é casualidade que esteas a ler este anticipo... Us kroguinin, Degon Aerinaria? Onde estás?...

    Gustas de ler algo que se afasta do habitual? Este é, sen dúbida algunha, a elección adecuada. Ademáis, na lingua de Castelao.



    1 comentarios → Ninguén lembra, de Vanesa Santiago Vázquez

    1. Merece la pena leerlo y disfrutarlo, no os dejará indiferentes...

    Publicar un comentario