• La nieve y el barro, de Abulí e Oswal

    Panini tráenos nesta ocasión un cómic que se afasta radicalmente da liña superheroica tan habitual nesta editorial. Trátase de "La nieve y el barro", de Enrique Sánchez Abulí e Osvaldo Walter Viola, Oswal.

    Francia, finais do século XIV, cando o país loitaba aínda contra Inglaterra na coñecida Guerra dos Cen Anos (que, en realidade, foino de 116 anos). Alí, crúzanse varios persoanxes canto menos singulares.

    O conde René de Dubois, que retorna ao seu castelo en compañía dun Bispo e do servente deste, un tal Petir Ferré, que viaxa cun loro ás costas.

    Os aguerridos soldados Arnaud e Antoine, pura chusma ávida de sangue e sexo.

    Jerome Whitewash, que di servir ao rei inglés Ricardo II, un cabaleiro de flamante armadura toleado polo tempo e mil batallas, que desexa recuperar o seu vello amor, Madeleine.

    Aube, unha fermosa doncela, filla de Madeleine e Jerome.

    Pan, a rapaza salvaxe do bosque.

    Bruno o Ferreiro, antano mudo, que recobra a fala ao ve-la orixe da súa vida.

    Os Routiers, mercenarios licenciados sen amo, que vagan polo campo e asaltan pequenas vilas.

    E están o vizconde e a condesa, muller de Dubois.

    Todos eles conforman unha visión entre crúa, irónica, salvaxe, despiadada e libertina do teatro da vida.

    "La nieve y el barro" supón unha nova colaboración entre dous grandes da Banda Deseñada: o guionista Enrique Sánchez Abulí ("Torpedo", "Asesinos anónimos") e Oswal ("Consummatum Est", "Big Rag"), que xa libraron outras batallas artísticas en conxunto, coma "13 relatos negros" ou "Historias tremendas".


    0 comentarios → La nieve y el barro, de Abulí e Oswal

    Publicar un comentario