• From Hell, de Alan Moore e Eddie Campbell

    Chega a nova edición dun clásico entre os clásicos: "From Hell", de Alan Moore e Eddie Campbell.

    "From Hell" relata a historia de Jack o Destripador, probablemente o home máis infame na crónica dos asasinos en serie. A través dos detalles dos acontecementos que conduxeron ás mortes de Whitechapel e o seu encubrimento posterior, "From Hell" plantexa o estudio da mente dun tolo cuxo salvaxismo e violencia deron paso ao século XX.

    "From Hell" cosechou un amplo recoñecemento entre crítica e público. Considerada como a novela gráfica máis importante xamais publicada, combina unha meticulosa documentación cunha especulación respectuosa, cuxo resultado é unha obra mestra, á vez terrorífica e atractiva, da ficción histórica.

    Hai máis que dicir? Coido que non.



    0 comentarios → From Hell, de Alan Moore e Eddie Campbell

    Publicar un comentario