• End, tomo 1. Elisabeth, de Barbara Canepa e Anna Merli

    Norma Editorial tráenos unha proposta espectacular que vén da man de Barbara Canepa e Anna Merli: "End, tomo 1. Elisabeth".

    Imaxina... Que o mundo que te arrodea non se movera. 

    Que o murmurio do vento e o repique da choiva se repetiran inexorablemente no seu monótono devir... 

    Que reinara un silencio soberano que vos convertera en invisibles... 

    Así é o meu universo.

    Un mundo no que a nana do tempo parou de soar.

    Un mundo inanimado, privado de cor, onde os espíritos e as almas perdidas atopan por fin a paz...

    ... Nos seus mausoleos solemnes e intemporais.

    Teño 13 anos. Elisabeth é o meu nome. O meu cabelo é branco coma a vida. Se o corazón volo pide, podedes atoparme. Pero para facelo teredes que morrer.

    Todo isto, e moito máis, é "End".



    0 comentarios → End, tomo 1. Elisabeth, de Barbara Canepa e Anna Merli

    Publicar un comentario