• El ladrón cuántico, de Hannu Rajaniemi

    Se hai algo que caracteriza á editorial Alamut é a súa clara aposta pola ciencia ficción, tanto de autores consagrados, como Arthur C. Clarke, autor de "2001", como de novos talentos. Tócalle o turno a un destes últimos, Hannu Rajaniemi. A obra, "El ladrón cuántico".

    Jean le Flambeur é un delincuente post-humano, ladrón de mentes, timador e enganador. Aínda que o seu pasado é un misterio, os ecos das súas proezas resoan por toda a Heterarquía: dende a incursión nos Cerebrozeus do Sistema Interior, aos que roubou os seus pensamentos, ao roubo das valiosas antigüidades terrrestres da aristocracia das Cidades Errantes de Marte. Si, Jean era o mellor... ata que cometeu un erro.

    Agora está condenado a enfrontarse a innumerables copias de si mesmo nas inesgotables versións da Prisión dos Dilemas... unha rutina de morte, deserción e cooperación que se verá truncada pola chegada de Perhonen, a aracnonave de Mieli, quen lle ofrecerá a oportunidade de recuperar a liberdade e os poderes do seu antigo ser a cambio de completar o único golpe que sempre se lle resistiu.

    "El ladrón cuántico" é unha deslumbrante novela de ciencia ficción dura ambientada no futuro lonxano do noso sistema solar. Unha historia de atracos poboada por extravagantes post-humanos movidos, non obstante, por impulsos tan eternos como a traizón, a vinganza ou os celos. Un debut espectacular.


    0 comentarios → El ladrón cuántico, de Hannu Rajaniemi

    Publicar un comentario