• Dos espíritus, de Tyto Alba

    Tyto Alba, autor da tamén reseñada nesta web "Sólo para gigantes" (Astiberri, 2012) presenta unha obra na que exerce de guionista e debuxante: "Dos espíritus".

    "Dos espiíritus" é un western atípico onde Tyto Alba xoga con algúns tópicos do xénero clásico, pasa do místico ou existencialista ao hiperrealismo, pero mantén a acción e a épica básica do mesmo. Non en van, resoan nesta obra ecos cinematográficos do "Jeremiah Johnson", de Sydney Pollack, e do "Dead Man", de Jim Jarmusch.

    Weskoboug, un indio travestido dos chamados "berdaches", vive escravizado nun saloon  onde é humillado constantemente para divertimento dos clientes. Tras presenciar o asasinato dunha xove embarazada por parte do sheriff da vila, é descuberto e, en compañía dun tipo estraño, Aslak, un lapón, fuxe por paraxes xeados baixo o risco constante de ser eliminado...

    Unha obra distinta, da man de Astiberri, un selo que acostuma a garantizar calidade, orixinalidade e autores interesantes con moito que contar.

    0 comentarios → Dos espíritus, de Tyto Alba

    Publicar un comentario