• ¿Dónde está el guionista?, de Álex Roca e Andrés Palomino

    A vida dun cómico televisivo de éxito está chea de glamour: o público riche as grazas, os teus invitados celebran as túas ocorrencias, es o centro de atención das festas do show business, acaparas premios da crítica polo teu "humor intelixente". Pero detrás de cada chiste, de cada liña de monólogo, de cada resposta aparentemente improvisada, hai un descoñecido que pasa desapercibido e sofre en silencio: O GUIONISTA.

    Como é o día a día dos guionistas dun lat night show televisivo? Lonxe do glamour, os guionistas son frikis ignorados e talentosos, menosprezados e infravalorados polos seus propios compañeiros de traballo. Cando todo vai ben, ninguén os ten en conta. Pero cando as cousas van mal e a audiencia derrúbase, sempre hai alguén disposto a exclamar furiosamente: ONDE ESTÁ O GUIONISTA?

    "¿Dónde está el guionista?" é unha tira cómica escrita pro Andrés Palomino e debuxada por Álex Roca inspirada en feitos reais e protagonizada por un par de sufridos guionistas ao servizo dun humorista mediático despótico e incompetente.





    0 comentarios → ¿Dónde está el guionista?, de Álex Roca e Andrés Palomino

    Publicar un comentario