• Desde el más allá y otras historias, de H.P. Lovecraft e Erik Kriek

    O célebre escritor de Providence H.P. Lovecraft escribiu multitude de relatos, obxecto dun sinnúmero de recopilacións e algunhas adaptacións ao cine, con máis o menos fortuna. Neste caso, tócalle ao cómic, con "Desde el más allá y otras historias", a cargo de Erik Kriek. Esas "otras historias" son "El intruso", "El color que cayó del espacio", "Dagon" e "La sombra sobre Innsmouth".

    Monstruosas criaturas primixenias que laten baixo as augas, abismos sinistros máis alá das estrelas, estrañas cores vidas do espazo para contaminar a existencia dos homes... e o que non ten nome axexando sempre no albor.

    Co seu trazo lúgubre e minucioso, Erik Kriek reinterpreta en forma de cómic os mellores relatos de H.P. Lovecraft, xenio da literatura de terror e irrepetible visionario da ameaza cósmica e silenciosa que dende a noite dos tempos pende sobre a humanidade.

    Unha lectura aterradora e fascinante que iluminará os nosos rincóns escuros e fará entrega das nosas almas ás alimañas descarnadas da noite.


    0 comentarios → Desde el más allá y otras historias, de H.P. Lovecraft e Erik Kriek

    Publicar un comentario