• As Crónicas de Bran, vol. 1. A revolta dos Mestres, de Xosé Duncan

    Presentamos hoxe "As Crónicas de Bran, vol. 1. A revolta dos Mestres", escrito por Xosé Duncan e ilustrado por Kaiser Wilhelm.

    A maxestuosa cidade de Elawei álzase no cumio da Montaña Sagrada. O mozo Nash, que de moi novo foi salvado dunha miserable vida nas minas para se converter no sucesor do trono do Palacio Áureo, ve o seu destino truncado cando a familia real consegue concibir un herdeiro de sangue. Os grandes mestres dos gremios preparan unha revolta para impedir a coroación do príncipe Bran, e así facerse co poder do reino. Para iso asinarán un perigoso pacto con Lord Daru, que comanda as tropas demoníacas que desde a Terra da Nada avanzan na conquista dos territorios pictos cara a cidade de Elawei. A gran batalla está a piques de estoupar, mentres o Dragón Vermello segue a durmir nas profundidades.

    Deste xeito comezan as crónicas de Bran e a súa viaxe ata a Terra de alba, onde o agarda o máis misterioso dos destinos.

    A novela que nos ocupa resulta do máis interesante, avogando por un xénero, o fantástico, do que en moi poucas ocasións se publica algo en galego. A edición vén por conta de Contos Estraños Editora, unha pequena editorial que realiza unha labor encomiable.


    1 comentarios → As Crónicas de Bran, vol. 1. A revolta dos Mestres, de Xosé Duncan

    1. Grazas pola vosa reseña. Se queredes saber máis da obra e da nosa axenda de presentacións, pasádevos por ascronicasdebran.blogaliza.org Apertas!!

    Publicar un comentario