• Wimbledon Green, el mayor coleccionista de cómics del mundo, de Seth

    Seth, debuxante e escritor, alabado pola crítica mundial, recrea nesta obra un mundo absurdo e surrealista onde os seus protagonistas teñen unha única paixón: coleccionar cómics en perfecto estado.

    A obra xira arredor de Wimbledon Green, curioso personaxe que se autoproclama o maior coleccionista de cómics do mundo e que, ademáis, conseguiu pechar o mellor acordo de intercambio de cómics da historia do coleccionismo. Os libreiros especializados, os inversores norteamericanos e os coleccionistas rivais de Green sospeitan deste home e da súa colección. Son as súas intencións honorables? Realmente ama os cómics ou móvese polo ánimo de eleva-lo seu ego? E por último, é el realmente Wimbledon Green?

    Este é un libro maravilloso e divertido no que coleccionar cómics convértese nunha intrigante aventura e nun asunto financiero de alta improtancia. Con "Wimbledon Green", Seth analiza a necesidade de coleccionar e de reinvertarse a un mesmo.



    0 comentarios → Wimbledon Green, el mayor coleccionista de cómics del mundo, de Seth

    Publicar un comentario