• Semillas amargas, de Ian Tregillis

    A editorial Random trae unha proposta do máis interesante que vén avalada polo mesmísimo George R.R. Martin, autor da saga "Canción de hielo y fuego". Trátase de "Semillas amargas", de Ian Tregillis.

    Nos albores da Segunda Guerra Mundial as forzas nazis contan con superhomes y as británicas con demos da natureza. Pronto, un home normal e corrente veráse atrapado entre os dous bandos.

    Febreiro, 1939. Barcelona. Raybould Marsh, axente do Servicio Secreto de Intelixencia británica, tenta reunir información sobre o febril rearme alemán en territorio español, cando se topa cunha muller de cuxa cabeza saen un estraños cables. Ela mírao como se o coñecera e, nun instante, desaparece da súa vista. El nunca poderá olvida-lo seu rostro.

    Agosto, 1939. Londres. Unha inquietante película revela ao MI6 británico a existencia de persoas con habilidades "especiais" que operan baixo as ordes do perigoso doutor Von Westarp. Os seus poderes son tan incribles como mortíferos e alguén debe facerlles fronte canto antes.

    A partir dese momento, Raybould Walsh convértese no responsable de impedir, como sexa, a inminete invasión nazi. Nun intento desesperado reuniráse cos meigos que apoian, na sombra, ás forzas británicas. Sen embargo, o prezo que haberá de pagar para vencer ao inimigo será moi superior ao que tiña imaxinado...

    Unha proposta sorprendente a un prezo irrepetible!





    0 comentarios → Semillas amargas, de Ian Tregillis

    Publicar un comentario