• Sacrificio a Mólek, de Asa Larsson

    A exitosa autora nórdica Asa Larsson publica a súa nova novela, "Sacrificio a Mólek", que vos presentamos hoxe.

    Un grupo de cazadores mata un oso nos bosques próximos a Kiruna. Cando abren o ventre do animal, atopan restos humanos entre as vísceras. Uns meses máis tarde, achan a unha muller asasinada na súa casa. Agredírona brutalmente cunha forcada e Marcus, o seu neto de sete anos, desapareceu. A fiscal do distrito, Rebecka Martinsson, que nun comezo se ía facer cargo da investigación, é retirada do caso. Pero hai poucas cousas que provoquen maior indignación que a violencia contra un neno, e Rebecka obsesiónase coa desaparición do pequeno. Pola súa conta e risco comeza a indagar o asasinato da muller: a morte parece perseguir a esta familia, e Rebecka non está disposta a que o seu derradeiro membro corra a mesma sorte.

    "Sacrificio a Mólek" recibiu o Premio da Academia Sueca á Mellor Novela Negra de 2012, un dos máis importantes galardóns do xénero negro de todo o mundo.


    0 comentarios → Sacrificio a Mólek, de Asa Larsson

    Publicar un comentario