• Miércoles, de Juan Berrio

    A obra que vos traemos hoxe, "Miércoles", de Juan Berrio, foi a gañadora do Premio Internacional Fnac-Sins Entido de Novela Gráfica 2012 e representa a primeira novela gráfica do seu autor, tradicionalmente coñecido polas súas historias curtas e polos seus traballos noutros formatos. En 2011, Berrio foi finalista do Premio Nacional do Cómic que otorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

    Un mércores calquera a aventura diaria agárdanos á volta da esquina. Unha comunidade de veciños, un barrio, unha cidade. Vidas que se cruzan e se descruzan, fíos invisibles dunha relaraña que Juan Berrio, co seu trazo límpido característico, fainos ver en tódolos seus detalles. "Miércoles" é unha historia onde parece que non sucede nada e sen embargo ocorren moitas cousas: cousas pequenas e cousas grandes. Porque as nosas pequenas rutinas poden ser tan apaixoantes coma unha novela policíaca. E porque o cotián non é outra cousa que o maravilloso.

    Buscas un cómic distinto? Aposta por Berrio.


    0 comentarios → Miércoles, de Juan Berrio

    Publicar un comentario