• La salvación de una santa, de Keigo Higashino

    O autor de novela negra máis lido en Xapón, Keigo Higashino, irrompe de novo con "La salvación de una santa", protagonizada polo entrañable profesor Galileo, un personaxe xa presente na súa anterior novela, que vendeu máis de dous millóns de exemplares: "La devoción del sosprechoso".

    Un asasinato que parece imposible, tan meticuloso coma terrible, cometido por uns motivos aínda máis estremecedores. A vítima, Yoshitaka Mashiba, un rico empresario de Tokio, morre un domingo cando está só na súa casa. Foi asasinado cunha taza de café envelenado. Estaba a piques de abandonar á súa muller, Ayane Mashiba, que se converte na principal sospeitosa. Pero Ayane ten unha férrea e irrefutable coartada: cando o seu home morreu ela estaba a máis de cen quilómetros de distancia. Como chegou, pois, o veleno á taza de café?

    O profesor Yukawa deberá de utilizar todo o seu talento para ordena-las pistas e atopa-la verdade.

    Mestre da lab lit ou literatura de laboratorio, Higashino constrúe unha novela maxistral a través dun procedemento policial ultradetallado. Un libro que emocionará a todas aquelas mentes que disfrutan co xogo da seducción, cun xiro inesperado que asombrará e sorprenderá ao máis experimentado dos lectores.


    0 comentarios → La salvación de una santa, de Keigo Higashino

    Publicar un comentario