• Imperium, de Christian Kracht

    A renacida editorial Bruguera publica "Imperium", de Christian Kracht, inspirada nunha personaxe que existiu realmente e que nos interna nunha espiral narrativa surrealista na que sobrevoan as pantasmas de Thomas Mann, Corto Maltés, Kafka, Hitler e Einstein. Unha exploración divertida e caricaturesca da arrogancia e a fraxilidade da conducta humana.

    Xogando co virtuosismo e a diversión propia da novela de aventuras históricas, partindo de modelos como Herman Melville, Joseph Conrad, Rober Touis Stevenson e Jack London, Christian Kracht presenta en "Imperium" unha historia na que a comedia e o horror están equilibrados con gran acerto, o que lle valeu o prestixioso premio Wilhelm Raabe 2012, converténdose nun fito revelador da literatura en lingua alemana contemporánea.

    Son os anos previos á Primeira Guerra Mundial, na época en que o soño colonial inunda o Imperio Alemán. Coa fin de facer realidade os seus desexos, August Engelhardt embárcase nun buque de vapor rumbo a Nova Guinea, para instalarse finalmente na pequena illa de Kabakon.

    Irremediablemente romántico e fanático da vida en solitario, Engelhardt intérnase da selva para perseguir a súa visión: unha perfecta encarnación das fantasías imperialistas. Pero o soño tornará nun pesadelo de violencia e misantropía, acrecentado pola lepra e a loucura inducida pola desnutrición.

    Unha novela diferente!


    0 comentarios → Imperium, de Christian Kracht

    Publicar un comentario