• El libro de las fragancias perdidas, de M.J. Rose

    A escritora Katherine Neville, autora de "El ocho" e "El fuego", describe a novela que vos traemos hoxe, "El libro de las fragancias perdidas", de M.J. Rose, como "unha mistura efervescente da sensualidade erótica de "El perfume" de Patrick Süskind e as lendas eternas das aventuras clásicas".

    Dende a infancia, Jac L'Etoile viviu atormentada polas visións dun pasado que non pode ser seu. Estes recordos sempre se asocian cos perfumes máis exóticos, posto que creceu na famosa perfumería Casa L'Etoile, a máis antiga de París, cuxo fundador fabricou fragancias para Napoleón.

    Agora Jac afastause do mundo embriagador dos perfumes para converterse nunha experta en mitoloxía universal en Nova York. Alí recibe a visita inesperada do seu irmán Robbie, que lle conta que atopou pistas importantes sobre a fórmula secreta do lexendario perfume de Cleopatra, un achado que podería facer moito máis que salvar a Casa L'Etoile, que está en quebra.

    Os rumores sobre este descubrimento porán en marcha unha persecución de dimensións internacionais, pero tamén o renacemento dunha historia de amor cuxos inicios datan de moitos séculos atrás.

    Quizáis sexa verdade que existen certos segredos polos cales paga a pena morrer.


    0 comentarios → El libro de las fragancias perdidas, de M.J. Rose

    Publicar un comentario