• Barrio lejano, de Jiro Taniguchi

    Falamos hoxe dunha obra que xa ten uns anos no mercado, pero non por iso perde actualidade. Trátase de "Barrio lejano", do autor xaponés Jiro Taniguchi, a cargo da editorial Ponent Mon.

    Quen non pensou nunca en revivir o pasado para corrixir erros ou cambiar algunhas decisións cruciais? Cambiaría isto a mellor a túa vida ou as dos que te arrodean? Ou as consecuencias dos teus novos actos resultarían ser mesmo peores? Ahora un home ten a oportunidade de descubrilo...

    Hiroshi Nakahara atópase de regreso a casa despois dunha viaxe de negocios cando se decata de que, por erro, colleu un tren que o leva ao seu barrio natal. Os seu pasos diríxeno de forma inconsciente cara a tumba da súa nai e, de súpeto, vese catapultado á súa infancia, con tódolos seus recordos e coñecementos de adulto intactos. Mentres se debate por atopar un sentido ao sucedido, os recordos acerca da súa nenez atenázano e comeza a facerse preguntas... Volverá desaparece-lo seu pai sen dar explicación algunha? Volverá casar coa súa muller?

    "Barrio lejano" é unha reflexiva e inquietante historia concebida por un mestre da narración na plenitude da súa carreira.


    0 comentarios → Barrio lejano, de Jiro Taniguchi

    Publicar un comentario