• Apocalipsis Z, de Manel Loureiro e Vicente Vegas

    Por fin, despois de dous anos de traballo, chega a adaptación ao cómic do fenómeno literario "Apocalipsis Z", de Manel Loureiro. Vicente Vegas ("Bull Damn City") é o adaptador e debuxante desta historia de caos, violencia e supervivencia.

    Manel é un avogado que exerce en Pontevedra. Vive só, co seu gato Lúculo, e leva unha vida que podería calificarse de normal. Polo menos ata que os medios de comunicación informan dun ataque terrorista nunha antiga república soviética. O atentado, levado a cado nuns laboratorios de investigación biolóxica, parece ter desatado un virus descoñecido.

    Pouco a pouco, as noticias que chegan sobre este tema son cada vez máis alarmantes. O virus expállase. Os infectados semellan morrer, pero reviven pouco despois para converterse en salvaxes devoradores de carne humana. Todo é moi confuso. Pero Manel non tardará en coñecer en primeira persoa os resultados desta pandemia.

    A civilización parece ter desaparecido. Os infectados son perigosos, pero non o son menos algúns supervivintes. Manel, un home sen coñecementos nin habilidades especiais, terá que aprender a sobrevivir só e a enfrontarse ao crecente caos.

    "Apocalipsis Z" é unha adaptación ao cómic da novela do mesmo título escrita por Manel Loureiro e publicada en 2008. Iniciada como un blogue, "Apocalipsis Z", a primeira novela de zombis ambientada en España, converteuse nun auténtico best seller.


    0 comentarios → Apocalipsis Z, de Manel Loureiro e Vicente Vegas

    Publicar un comentario