• A escritora Katherine Neville, autora de "El ocho" e "El fuego", describe a novela que vos traemos hoxe, "El libro de las fragancias perdidas", de M.J. Rose, como "unha mistura efervescente da sensualidade erótica de "El perfume" de Patrick Süskind e as lendas eternas das aventuras clásicas".

    Dende a infancia, Jac L'Etoile viviu atormentada polas visións dun pasado que non pode ser seu. Estes recordos sempre se asocian cos perfumes máis exóticos, posto que creceu na famosa perfumería Casa L'Etoile, a máis antiga de París, cuxo fundador fabricou fragancias para Napoleón.

    Agora Jac afastause do mundo embriagador dos perfumes para converterse nunha experta en mitoloxía universal en Nova York. Alí recibe a visita inesperada do seu irmán Robbie, que lle conta que atopou pistas importantes sobre a fórmula secreta do lexendario perfume de Cleopatra, un achado que podería facer moito máis que salvar a Casa L'Etoile, que está en quebra.

    Os rumores sobre este descubrimento porán en marcha unha persecución de dimensións internacionais, pero tamén o renacemento dunha historia de amor cuxos inicios datan de moitos séculos atrás.

    Quizáis sexa verdade que existen certos segredos polos cales paga a pena morrer.


  • Aquí vos deixamos as fotos das presentacións que o pasado sábado organizamos na nosa libraría e no Café Pub Copacabana de O Carballiño e que levaron a cabo os amigos de Peká Editorial.

    Queremos reflexar aquí o noso agradecemento a todos aqueles que fixeron posible este evento: aos integrantes de Peká Editorial por facer unha estupenda exposición do que será este gran xogo de mesa (http://www.pekaeditorial.com/), a Marcelo do Copacabana por poñe-lo seu local á nosa disposición e a Masivi de Mi juego del mes (http://mijuegodelmes.com/) por facer unha detallada reseña do que foi a partida que xogamos na libraría, ademais de ser o encargado de face-las fotos que vos mostramos a continuación.

    Aquí as fotos da libraría:



























    E aquí as do Copacabana en O Carballiño:



























    E lembrade: o xogo sae á venta o 20 de Abril. Non quedes sen el e resérvao xa!


  • Por fin, despois de dous anos de traballo, chega a adaptación ao cómic do fenómeno literario "Apocalipsis Z", de Manel Loureiro. Vicente Vegas ("Bull Damn City") é o adaptador e debuxante desta historia de caos, violencia e supervivencia.

    Manel é un avogado que exerce en Pontevedra. Vive só, co seu gato Lúculo, e leva unha vida que podería calificarse de normal. Polo menos ata que os medios de comunicación informan dun ataque terrorista nunha antiga república soviética. O atentado, levado a cado nuns laboratorios de investigación biolóxica, parece ter desatado un virus descoñecido.

    Pouco a pouco, as noticias que chegan sobre este tema son cada vez máis alarmantes. O virus expállase. Os infectados semellan morrer, pero reviven pouco despois para converterse en salvaxes devoradores de carne humana. Todo é moi confuso. Pero Manel non tardará en coñecer en primeira persoa os resultados desta pandemia.

    A civilización parece ter desaparecido. Os infectados son perigosos, pero non o son menos algúns supervivintes. Manel, un home sen coñecementos nin habilidades especiais, terá que aprender a sobrevivir só e a enfrontarse ao crecente caos.

    "Apocalipsis Z" é unha adaptación ao cómic da novela do mesmo título escrita por Manel Loureiro e publicada en 2008. Iniciada como un blogue, "Apocalipsis Z", a primeira novela de zombis ambientada en España, converteuse nun auténtico best seller.


  • A editorial Random trae unha proposta do máis interesante que vén avalada polo mesmísimo George R.R. Martin, autor da saga "Canción de hielo y fuego". Trátase de "Semillas amargas", de Ian Tregillis.

    Nos albores da Segunda Guerra Mundial as forzas nazis contan con superhomes y as británicas con demos da natureza. Pronto, un home normal e corrente veráse atrapado entre os dous bandos.

    Febreiro, 1939. Barcelona. Raybould Marsh, axente do Servicio Secreto de Intelixencia británica, tenta reunir información sobre o febril rearme alemán en territorio español, cando se topa cunha muller de cuxa cabeza saen un estraños cables. Ela mírao como se o coñecera e, nun instante, desaparece da súa vista. El nunca poderá olvida-lo seu rostro.

    Agosto, 1939. Londres. Unha inquietante película revela ao MI6 británico a existencia de persoas con habilidades "especiais" que operan baixo as ordes do perigoso doutor Von Westarp. Os seus poderes son tan incribles como mortíferos e alguén debe facerlles fronte canto antes.

    A partir dese momento, Raybould Walsh convértese no responsable de impedir, como sexa, a inminete invasión nazi. Nun intento desesperado reuniráse cos meigos que apoian, na sombra, ás forzas británicas. Sen embargo, o prezo que haberá de pagar para vencer ao inimigo será moi superior ao que tiña imaxinado...

    Unha proposta sorprendente a un prezo irrepetible!





  • A exitosa autora nórdica Asa Larsson publica a súa nova novela, "Sacrificio a Mólek", que vos presentamos hoxe.

    Un grupo de cazadores mata un oso nos bosques próximos a Kiruna. Cando abren o ventre do animal, atopan restos humanos entre as vísceras. Uns meses máis tarde, achan a unha muller asasinada na súa casa. Agredírona brutalmente cunha forcada e Marcus, o seu neto de sete anos, desapareceu. A fiscal do distrito, Rebecka Martinsson, que nun comezo se ía facer cargo da investigación, é retirada do caso. Pero hai poucas cousas que provoquen maior indignación que a violencia contra un neno, e Rebecka obsesiónase coa desaparición do pequeno. Pola súa conta e risco comeza a indagar o asasinato da muller: a morte parece perseguir a esta familia, e Rebecka non está disposta a que o seu derradeiro membro corra a mesma sorte.

    "Sacrificio a Mólek" recibiu o Premio da Academia Sueca á Mellor Novela Negra de 2012, un dos máis importantes galardóns do xénero negro de todo o mundo.


  • Unha vez maís, a editorial Demo vén de publicar unha novela gráfica feita 100% en Galicia de xénero negro que trata temas inéditos na Banda Deseñada galega.

    Mediados dos anos oitenta. O paso do cometa Halley coincide cunha espiral de violencia que racha definitivamente as relacións dun grupo de amigos da infancia sumidos nun mundo de negocios turbios. Todos eles veranse abocados a cumprir co seu rol, envoltos nun ambiente de corrupción, narcotráfico e tráfico de brancas que os salpica. 

    Despois do éxito acadado pola súa ópera prima, "O fillo da furia", cuxa segunda edición chega simultáneamente a este álbum, o xornalista Manolo López Poy e o debuxante Miguel Fernández abordan unha nova historia de crime ambientada en Galicia.

    Ao igual que fixeran co bandoleiro Mamed Casanova en "O fillo da furia", Manolo López Poy e Miguel Fernández volven deitar a súa ollada sobre personaxes que levan vidas por vieiros arredados da sociedade xeral, e de paso deixan albiscar o difuso dos límites entre eses camiños e os do mundo convencional. Tráennos, así, un relato de xénero negro onde por primeira vez saen a relucir na Banda Deseñada os ambientes de tráfico de drogas e clubes nocturnos dos ámbitos rural e periurbano galegos. Unha chea de referencias aos oitenta, sen a mínima compoñente nostálxica, dotan a historia de verosimilitude, e, no entanto, achégana perfectamente aos parámetros do xénero, axudados por un grafismo de claroscuros que transita entre o naturalismo e o expresionismo no tratamento da acción.


  • O autor de novela negra máis lido en Xapón, Keigo Higashino, irrompe de novo con "La salvación de una santa", protagonizada polo entrañable profesor Galileo, un personaxe xa presente na súa anterior novela, que vendeu máis de dous millóns de exemplares: "La devoción del sosprechoso".

    Un asasinato que parece imposible, tan meticuloso coma terrible, cometido por uns motivos aínda máis estremecedores. A vítima, Yoshitaka Mashiba, un rico empresario de Tokio, morre un domingo cando está só na súa casa. Foi asasinado cunha taza de café envelenado. Estaba a piques de abandonar á súa muller, Ayane Mashiba, que se converte na principal sospeitosa. Pero Ayane ten unha férrea e irrefutable coartada: cando o seu home morreu ela estaba a máis de cen quilómetros de distancia. Como chegou, pois, o veleno á taza de café?

    O profesor Yukawa deberá de utilizar todo o seu talento para ordena-las pistas e atopa-la verdade.

    Mestre da lab lit ou literatura de laboratorio, Higashino constrúe unha novela maxistral a través dun procedemento policial ultradetallado. Un libro que emocionará a todas aquelas mentes que disfrutan co xogo da seducción, cun xiro inesperado que asombrará e sorprenderá ao máis experimentado dos lectores.


  • Por fin, este sábado 23 de Marzo poderemos disfrutar do xogo de taboleiro "Huída de Silver City". E farémolo por partida dobre, xa que os nosos amigos de Peká Editorial estarán connosco na libraría ás 5 da tarde e ás 8 e media no Café Pub Copacabana en O Carballiño.

    Se es de Lalín ou de O Carballiño e queres coñecer de primeira man este novo xogo de temática zombi, non dubides en achegarte á libraría ou ao Copacabana!

    Deixámosvos a localización do Café Pub Copacabana:

    Rúa Cánovas del Castillo, 5-7
    32500 O Carballiño (Ourense)
    Telf. 988 273 447

    Tamén vos indicamos os enlaces á web de Peká e ao seu Facebook:
    http://pekaeditorial.wordpress.com/
    http://www.facebook.com/PekaEditorial?fref=ts


  • Aquí vos deixamos as fotos da presentación que onte fixo Miguelanxo Prado da súa obra "Ardalén" na nosa libraría. Tamén podedes ver algunha mostra do seu maravilloso traballo. Moitísimas grazas, Miguelanxo, por estar connosco!










  • Seth, debuxante e escritor, alabado pola crítica mundial, recrea nesta obra un mundo absurdo e surrealista onde os seus protagonistas teñen unha única paixón: coleccionar cómics en perfecto estado.

    A obra xira arredor de Wimbledon Green, curioso personaxe que se autoproclama o maior coleccionista de cómics do mundo e que, ademáis, conseguiu pechar o mellor acordo de intercambio de cómics da historia do coleccionismo. Os libreiros especializados, os inversores norteamericanos e os coleccionistas rivais de Green sospeitan deste home e da súa colección. Son as súas intencións honorables? Realmente ama os cómics ou móvese polo ánimo de eleva-lo seu ego? E por último, é el realmente Wimbledon Green?

    Este é un libro maravilloso e divertido no que coleccionar cómics convértese nunha intrigante aventura e nun asunto financiero de alta improtancia. Con "Wimbledon Green", Seth analiza a necesidade de coleccionar e de reinvertarse a un mesmo.



  • Presentamos nesta ocasión o debut de Suzanne Rindell, "La otra mecanógrafa".

    En 1922, a xornada laboral na comisaría do distrito do Lower East Side, en Nova York, transcorre ao ritmo imposto por unha lei que prohíbe a producción, venda e transporte de bebidas alcohólicas.

    O traballo vaise acumulando, pero Rose Baker non se queixa: é mecanógrafa de profesión e a súa tarefa consiste en escoitar e reproducir fielmente as palabras dos delincuentes que cada día desfilan polo edificio.

     Roubos, subornos e delitos de sangue son o seu pan de cada día, así que parece unha muller difícil de impresionar, pero todo cambia a mañá en que Odalie entra a formar parte do equipo: mentres Rose leva o pelo castaño recollido nun discreto moño, a recén chegada atrévese a estrear melena á garçonne, a fumar e a frecuentar os mellores restaurantes, sen preocuparse demasiado pola conta. A súa mirada fascina a homes e mulleres, e Rose cae nas súas redes, vivindo con ela os praceres ocultos que reserva a cidade de Nova York a quen sabe disfrutar do bo.

    Que é mentira e que verdade na vida de Odalie? Haberá que ler ata a última páxina para entender un xogo perverso, deudor da novela negra e do mellor cine, que o talento de Suzanne Rindell converte en gran literatura.