• Visita de Miguel Anxo Fernández

    O vindeiro venres, 1 de Marzo, ás 7 da tarde estará connosco o escritor e crítico de cine Miguel Anxo Fernández, autor de "O sabre do francés" e da saga do detective privado californiano de pais galegos Frank Soutelo (composta, polo dagora, por "Un nicho para Marylin", "Luar no inferno", "Tres disparos e dou friames" e "Lume de cobiza").

    O escritor nado en O Carballiño charlará con todas aquelas persoas que desexen achegarse á libraría e firmará exemplares da súa obra.

    Lembrade: este venres ás 7 da tarde tedes unha cita que non vos podedes perder!





    0 comentarios → Visita de Miguel Anxo Fernández

    Publicar un comentario