• V de Vendetta, de Alan Moore e David Lloyd

    Por fin, despois de anos agardando, a editorial ECC, herdeira da meirande parte da BD antes publicada por Planeta DeAgostini, vén de sacar á venda unha nova edición do clásico escrito por Alan Moore e debuxado por David Lloyd "V de Vendetta". E faino nunha edición en rústica a un prezo máis que asequible.

    "V de Vendetta", ademáis de ser unha das maiores obras mestras da industria da Banda Deseñada e logradas dos seus autores, é unha historia espeluznante e terriblemente real sobre a perda da liberdade e da identidade do individuo que se ve inmerso nun mundo hostil, frío e totalitario.

    Co trasfondo dunha Inglaterra imaxinaria que caeu baixo a bota dun réxime fascista, analízase tanto a vida baixo un estado policial asfixiante coma o poder da rebelión e a resistencia do espíritu humano ante a opresión e o totalitarismo.

    Nun mundo onde todo o que non está prohibido é obrigatorio, un só home pode marcar a diferencia.

    A que estás agardando? Vén por el!


    0 comentarios → V de Vendetta, de Alan Moore e David Lloyd

    Publicar un comentario