• The Zumbies, de Julian CDM e Yan Lindingre

    A editorial Dibbuks vén de publicar un cómic do máis interesante, á vez que disparatado. Trátase de "The Zumbies", obra de Julien CDM e Yan Lindigre, unha BD que vai un paso máis aló dentro da febre zombi que dende hai anos contaxia a todo tipo de arte de expresión, TV, cine, literatura..., agasallándonos cun título moi a ter en conta e que non decepciona.

    Despois dun periodo de calentamento global disparado, a civilización foi anegada. Tódolos animais viven en liberdade e os políticos foron expulsados da cidade. A Igrexa Cristiá reconciliada por un lado e os rockeiros confederados polo otro plelexan polos lugares de culto.

    Así, o templo parisino do Sagrado Corazón, rebautizado como "Holy Rock Empire", transformouse na meca do punk-rock.

    E esta noite vai ser movidiña no Rock Empire porque no cartel están... THE ZUMBIES!!!!

    Un título imprescindible e, sobre todo, distinto. Non o perdas!


    0 comentarios → The Zumbies, de Julian CDM e Yan Lindingre

    Publicar un comentario