• Partida de Arkham Horror

    Como xa anunciabamos, o vindeiro sábado, 23 de Febreiro ás 5 da tarde, teremos na nosa libraría unha partida do xogo de mesa "Arkham Horror", baseado no universo creado polo escritor H.P. Lovecraft.

    Se estades interesados en probar este xogo de balde e sen compromiso de ningún tipo, só tedes que apuntarvos, ben sexa pasando pola libraría, por teléfono, por mail o avisando no noso Facebook. Date presa, só hai 8 prazas!

    Se queredes coñecer un pouquiño o xogo, entrade na web mijuegodelmes.com onde o mestre Masivi está a facer unha análise pormenorizada do xogo neste mes de Febreiro. Ademáis, contaremos coa súa presencia na nosa partida.

    E se o pasas ben e queres merca-lo xogo, ofreceremos descontos a tódolos participantes: 10% de desconto no xogo novo  e unha rebaixa de 12 € no xogo que abramos expresamente para a partida.

    O prezo do xogo novo é de 54,95 €.




    0 comentarios → Partida de Arkham Horror

    Publicar un comentario