• Local, de Brian Wood e Ryan Kelly

    A editorial Dibbuks ven de publicar unha obra indispensable da Banda Deseñada. Trátase de "Local"

    Da man de Brian Wood ("Demo", "DMZ", "Northlanders") e Ryan Kelly ("Lucifer", "American Virgin", "The New York Four") chéganos "Local", unha recompilación de doce historias curtas interrelacionadas que comezan con Megan McKeenan, unha xove que abandona Portland, Oregón, con só unha mochila e ganas de viaxar.

    Cada un deste relatos emocionais é un ano na vida desta xove vagabunda que anda a procura dun sitio ao que chamar fogar, tanto física como espiritualmente. Ambientada en doce cidades reais de Norteamérica, este volume profusamente ilustrado recompila por primeira vez esta serie aplaudida pola crítica que o guionista Brian K. Vaughan ("Lost", "Runaways", "Y: el último hombre") calificou como "os retazos de vida máis afilados que viu o medio".

    "A curtametraxe que non veredes no Festival de Sundance ou no IFC", Sequential Tart.

    "Ides querer lelo. Confiade en min", Warren Ellis.

    "Cada páxina é unha fantástica imaxe a tinta que debe de ser saboreada", Variety.

    "O mellor cómic independiente de 2007", G4 TV.

    Unha obra indispensable nesta Semana da Banda Deseñada!



    0 comentarios → Local, de Brian Wood e Ryan Kelly

    Publicar un comentario