• Las monedas de Judas, de Carlos Lens

    Os templarios parecen ser unha fonte inagotable da que a miúdo bebe o mundo da literatura. Tanto é así que ahora chéganos unha nova novela que os ten como protagonistas: "Las monedas de Judas", de Carlos Lens.

    Poder, cartos, coñecemento, honra e gloria, a Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón atópase no momento culminante do seu esplendor e moi lonxe daqueles primeiros nove cabaleiros que eran tan pobres que tiñan que compartir un cabalo entre dous xinetes, como figura no seu escudo. Pero o poder tamén crea envexas e rancores entre os poderosos da Terra, o rei de Francia e o papa de Roma, que van desencadear un golpe mortal contra a institución e, sobre todo, contra o seu prestixio.

    No medio desta conspiración, o cabaleiro Adalbert de Tannenberg, destinado na fortaleza templaria de Chipre, recibe o encargo de avisar ao Gran Mestre Jacques de Molay, pero os seus esforzos son en van e os templarios acaban disoltos e os seus dirixentes encarcerados. Adalbert consigue entrar na prisión do Gran Mestre e este lle encarga o traslado da reliquia máis sagrada do Temple. Fiel á súa misión percorrerá o reino da Coroa de Aragón e entrará en contacto cos reinos árabes da península, onde atopará a axuda e a amizade que lle negan os reinos cristianos. Pero o seu destino atópase en Escocia, onde deberá de depositar as reliquias na capela de Rosslyn.

    O deber e o compromiso coa súa Orde empuxarán a Adalbert a vivir as aventuras máis ousadas e a enfrontarse aos perigos máis insospeitados, para regresar por fin á paz e a comprensión do amor que atopara no Reino de Valencia.

    Se che gusta a novela histórica e de aventuras, este título é, sin dúbida algunha, o teu.




    0 comentarios → Las monedas de Judas, de Carlos Lens

    Publicar un comentario