• La Rueda del Tiempo. Nueva primavera, de Chuck Dixon, Mike Miller e Harvey Tolibao

    "La Rueda del Tiempo" é unha prestixiosa saga de literatura fantástica creada por Robert Jordan, composta por 14 títulos na edición orixinal e 20 na edición española (a cargo da editorial Timun Mas), dos que os tres últimos foron escritos por Brandon Sanderson tra-la morte en 2007 de Jordan.

    Aparte da mencionada saga, Jordan escribiu tamén "Nueva primavera", unha precuela ou protosecuela da súa magna obra. E é precisamente este título o que foi adaptado ao cómic en 2010, datando deste ano a súa edición en español, a cargo de Planeta DeAgostini.

    En palabras do propio Jordan, quen participou activamente na xestación do cómic, "o mundo da Roda do Tempo sitúase simultáneamente no noso futuro e no noso pasado. É un mundo de reis, raíñas e Aes Sedai, as mulleres capaces de canalizar o Saidar, a metade feminina do Poder Único. Este último fai xirar a Roda e rexe o universo. É un mundo no que a guerra entre a Luz e a Sombre líbrase a diario. No momento da Creación, o Creador desterrou ao Escuro fóra do mundo, pero hai máis de tres mil anos os Aes Sedai, entón homes e mulleres, entraron sen sabelo naquel cárcere do tempo. O Escuro só puido tocar o mundo levemente e o oco finalmente volveu selarse, pero o Escuro contaminou aos Saidin, a metade masculina do Poder. Tódolos homes Aes Sedais volvéronse tolos, e no Desmembramento do Mundo destruíron a civilización e mudaron a face da terra. Agora só as mulleres posúen o título de Aes Sedai. Lideradas pola Sede Amyrlin divididas en sete Ajahs, divididos por cores, gobernan a gran cidade insular de Tar Valon, onde se atopa a súa Torre Branca. Seguen a nacer homes capaces de aprender a canaliza-lo Poder, ou o que é peor, homes que algún día, quéirano ou non, canalizaráno. Condenadas á loucura, a destrucción e a morte, as Aes Sedai perséguenos, amansan e aillan o Poder para sempre polo ben do mundo. Ningún home sométese a isto voluntariamente, e aínda que sobrevivan á persecución non tardan en morrer despois de seren amansados. Por máis de tres mil anos, mentres nacían e caían nacións e imperios, nada suscitou tanto temor coma un home quen de canalizar. Pero durante todos eses anos existiron as Profecías do Dragón: que as ataduras do Escuro se debilitarán e volverá toca-lo mundo; e que o Dragón, que o pechou naquel burato, renacerá para volver afrontalo. Un neno, nado nalgún lugar das ladeiras do Monte do Dragón e á vista de Tar Valon, crecerá e convertiráse no Dragón Renacido. E será a única esperanza da humanidade na Última Batalla".

    Unha obra que, para moitos, está á altura de "Canción de Hielo y Fuego", agora en formado BD.



    0 comentarios → La Rueda del Tiempo. Nueva primavera, de Chuck Dixon, Mike Miller e Harvey Tolibao

    Publicar un comentario