• La reina descalza, de Ildefonso Falcones

    Chega a nova novela de Ildefonso Falcones despois de abraiar a medio mundo con "La catedral del mar" e "La mano de Fátima": "La reina descalza".

    En Xaneiro de 1748, unha muller negra deambula polas rúas de Sevilla. Atrás deixou un pasado escravo na lonxana Cuba, ao fillo que nunca volverá ver e unha longa viaxe en barco ata as costas españolas. Caridad xa non ten un amo que lle dea ordes, pero tampouco un lugar onde abeirarse cando se cruza no seu camiño Milagros Carmona, unha xove xitana de Triana por cuxas veas corre o sangue da rebeldía e a arte dos da súa raza.

    As dúas mulleres convértense en inseparables e, entre zarabandas e fandangos, a xitana confesa á súa nova amiga o seu amor polo aposto e arrogante Pedro García, de quen lle separan antigos odios entre ambas familias. Pola súa parte, Caridad esfórzase por acalar o sentimento que está a nacer no seu corazón cara a Melchor Vega, o avó de Milagros, un home desafiante, bribón e seductor aínda que tamén firme defensor da honra e a lealdade para cos seus.

    Pero cando un mandato real converte a tódolos xitanos en proscritos, a vida de Milagros e Caridad dá un tráxico xiro. Aínda que os seus camiños se separan, o destino volverá unilas nun Madrid onde conflúen contrabandistas e cómicos, nobres e viláns; un Madrid que se rinde á paixón que emana das voces e bailes desa raza de príncipes descalzos.

    Ildefonso Falcones propónnos unha viaxe a unha época apaixoante, tinguida polos prexuízos e a intolerancia. Dende Sevilla a Madrid, dende o tumultuoso bulicio da xitanería ata os teatros señoriais da capital, os lectores gozarán dun fresco histórico poboado de personaxes que viven, aman, sofren e pelexan polo que cren xusto. Fiel reflexo duns homes e mulleres que non agocharon a cabeza e que alzaron a voz para enfrontarse ao orde establecido.


    0 comentarios → La reina descalza, de Ildefonso Falcones

    Publicar un comentario