• La niña de sus ojos, de Mary M. Talbot e Bryan Talbot

    Nesta Semana da Banda Deseñada, traémosvos un cómic que leva algún tempo connosco pero que merece un destacado recoñecemento: "La niña de sus ojos", de Mary M. Talbot e Bryan Talbot.

    En parte historia personal, en parte biografía, "La niña de sus ojos" contrapón dúas narracións sobre a chegada á idade adulta: a de Lucia, filla de James Joyce, e a da propia autora, Mary M. Talbot, filla do escritor irlandés James S. Atherton. As expectativas sociais e a política de xénero, las ambicións frustradas e a traxedia persoal están representadas mediante dous contextos históricos diferentes, dolorosamente evocados pola atmósfera da narración visual do premiado Bryan Talbot. Producto dunha intensa colaboración entre escritora e artista, "La niña de sus ojos" é intelixente, divertida e triste.

    "La niña de sus ojos é dobremente agradable pola estructura maxistral que a escritora Mary M. Talbot realiza das dúas relacións pai-filla, e o igualmente brillante debuxo de Bryan Talbot, quen me transportou cara adiante e cara atrás entre a descarnada posguerra da Gran Bretaña e a ledicia do París dos anos vinte e trinta do século XX. Este é un dos mellores esforzos de colaboración que vin no medio do cómic" (Joe Sacco, "Gorazde. Zona protegida").


    0 comentarios → La niña de sus ojos, de Mary M. Talbot e Bryan Talbot

    Publicar un comentario