• La hija de Cleopatra

    A descoñecida editorial Pàmies vén de publicar a novela "La hija de Cleopatra", de Stephanie Dray, da que agora os deixamos unha pequena reseña.

    Despois da caída de Alexandría y da morte dos seus pais -a raíña Cleopatra e o xeneral Marco Antonio-, a princesa Selene é obrigada a abandonar Exipto camiño de Roma en compañía dos seus dous irmáns superviventes. Alí, os seus captores expoñerános polas rúas da cidade, cargados de cadeas, na celebración do triunfo de Octavio Augusto. Pero cando parece que serán axustizados, a irmá do emperador consegue que se lles perdoe a vida, acolléndoos baixo a súa tutela.

    Todo complícase cando aparecen uns estraños xeroglíficos tatuados nos brazos da princesa, que se da de conta de que a maxia de Exipto e da deusa Isis perviven nela, e de que nas súas mans reside o poder para lograr que o legado da súa nai non se perda.

    Atrapada polas intrigas da corte romana, que recea das súas orixes e da súa herdanza, Selene terá que loitar para salvar aos seus irmáns e non ser utilizada nos fins políticos do emperador, que está obsesionado con ter a súa propia Cleopatra, e quere servirse dela para controlar o norte de África.

    ¿Poderá Selene saír vitoriosa deste perigoso xogo de poder que acabou coa vida da súa nai? ¿Será suficiente o poder e a axuda da deusa Isis para plantar cara ao Imperio Romano?

    Unha novela histórica que non segue a liña habitual!


    0 comentarios → La hija de Cleopatra

    Publicar un comentario