• El maestro del Prado y las pinturas proféticas, de Javier Sierra

    Recén saído da imprenta, chega ás libraría o último traballo de Javier Sierra, "El maestro del Prado y las pinturas proféticas".

    Un libro asombroso. Só así pode definirse o que o autor de "La cena secreta" confía agora aos seus lectores. Esta aventura comeza en 1990, cando Javier Sierra tropeza nas galerías do Museo del Prado con misterioso personaxe que se ofrece para explicarlle as claves agochadas dalgunhas das súas obras mestras. Visións místicas, anunciamentos proféticos, conspiracións, herexías e ata mensaxes que parecen chegadas do "outro lado" inspiraron a mestres coma Rafael, Tiziano, el Bosco, Juan de Juanes, Botticelli, Brueghel ou el Greco. E segundo este inesperado mestre, o que todos eles deixaron escrito nas súas pinturas é tan sobrecolledor como revolucionario.

    Léao como a mellor das novelas mentres descobre un lado da cultura pictórica europea que nin imaxinaba.


    0 comentarios → El maestro del Prado y las pinturas proféticas, de Javier Sierra

    Publicar un comentario